O Museo Provincial de Lugo recibe dúas esculturas do artista sarriao Díaz Fuentes

Unha peza pode verse no xardín e a segunda instalarase nunha das salas
Cedidas dos obras del escultor José Díaz Fuentes al Museo Provincial de Lugo. EP
photo_camera Unha das esculturas de Díaz Fuentes. MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

O Museo Provincial de Lugo contará con dúas obras do escultor José Díaz Fuentes (Sarria, 1940; París, 2010) nas súas coleccións de Belas Artes.

Trátase de Laparada —que foi cedida—, unha escultura en ferro, que pode verse no xardín do Museo Provincial de Lugo na Rúa Nova, e de Retablo —doada—, unha peza artellada en madeira, ferro, teas e corda, que conxuga escultura e debuxo, como mostra da riqueza tradicional do traballo da madeira en Galicia. Instalarase na sala 24.

Maite Ferreiro agradeceu "a xenerosidade da viúva do escultor, Florence Normier, que permitirá ampliar a colección de escultura galega contemporánea do Museo de Lugo incorporando a obra dun artista, que malia trasladarse a Francia a comezos dos 70, alimentou o seu universo creativo das paisaxes da natureza e do patrimonio artístico, arquitectónico, literario e musical ligado ao Camiño que viviu en Sarria".

As pezas formaron parte da mostra Retrospectiva. A árbore interior.

Comentarios