Multitudinaria homenaxe a Luís Celeiro no mosteiro de Samos

O escritor e xornalista Luís Celeiro recibiu este sábado o título de Valedor do Camiño

photo_camera Multitudinario acto no mosteiro de Samos. A.C.V.

O escritor e xornalista Luís Celeiro recibiu este sábado o título de Valedor do Camiño, concedido pola Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos, nun multitudinario acto no mosteiro do municipio lucense.

Á homenaxe asistiron personalidades do ámbito xacobeo e do mundo da política, o xornalismo, a universidade ou as letras, entre outros. Logo tiña lugar unha comida no hotel A Veiga.

Inicialmente estaba previsto que Celeiro recibise o recoñecemento en decembro de 2020, aínda que o acto tivo que ser aprazado pola pandemia. O colectivo apostou por entregalo agora ao mellorar a situación sanitaria.

Comentarios