jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Morre o crego do Páramo Eladio Fernández

Tiña unha grande afección ás aves

Eladio Fernández Fernández, quen foi sacerdote de Vilarmosteiro, Neira e Vilasante (O Páramo) e Maceda (O Corgo), faleceu aos 95 anos.

O cura recibiu sepultura no cemiterio de Vilarmosteiro, parroquia na que terá lugar unha misa de funeral cando remate o estado de alarma.

O sacerdote era natural de Goián (Sarria) e deixou de oficiar hai menos dunha década. Foi un grande afeccionado ás aves e chegou a criar no Páramo ata 300 exemplares.

Morre o crego do Páramo Eladio Fernández
Comentarios