jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Miguel Gómez: "Hai que atopar un sistema para abrir as igrexas e amosalas a peregrinos e turistas"

Miguel Gómez, párroco en Samos
Miguel Gómez, párroco en Samos. AEP
O cura Miguel Gómez leva 20 parroquias, 15 de Samos e outras tres do Incio, e asumiu o cargo de Delegado de Patrimonio de Bens Inmobles da Diocese de Lugo máis ou menos hai unha década

Cal é o seu traballo na diocese?

Está relacionado coas obras nos bens inmobles. Tanto de igrexas coma en cemiterios ou casas rectorais. Superviso un pouco a situacións dos bens e as obras.

Fala das casas rectorais. Teñen moitas e perderon a súa función. Como proceden con elas?

A situación non é igual para todas. Temos catro alquiladas, outras poñémolas á venda e outras xa se rehabilitaron ou están á espera de que se rehabiliten. Son moitas e non é posible actuar en todas.

Tamén hai un amplo número de igrexas e ermidas. Cal é o estado xeral dos templos?

En xeral é bo. É un patrimomio moi amplo é sempre hai cousas que acometer, pero dende hai uns 25 anos traballamos niso. Dende a diocese destinamos entre 300.000 e 400.000 euros anuais ás igrexas, ademais das inversións que poden facer a Xunta, as deputacións e mesmos algún concello. Temos un rico patrimonio por toda a diocese e estamos comprometidos con coidalo porque forma parte da nosa historia.

Fixeron varias actuacións na comarca de Sarria nos últimos tempos.

Na maioría das obras colaborouse coas administracións públicas. No caso da igrexa de Trascastro (O Incio) fíxose unha obra de emerxencia no presbiterio en colaboración coa Xunta de Galicia. Agora temos en marcha varios estudos, tamén coa Xunta, para ver a situación da estrutura do inmoble. En Vilar de Sarria tamén se esá facendo un estudo para planificar unha obra na igrexa. San Martiño de Lousada é un templo de orixe románica que pode estar asentado sobre outro prerrománico. Logramos reparalo e abrilo despois de 56 anos pechado. Alí temos pendente a reforma do cemiterio, a Xunta manifestou o seu interese pola proximidade ao Camiño de Santiago.

Queremos recuperar as actividades da fundación O Noso Lar para o vindeiro ano, se a pandemia o permite

As igrexas teñen unha nova vida co Camiño de Santiago?

O Camiño de Santiago fai de reclamo. Peregrinos e turistas queren ver o interior dos templos porque son pequenas xoias. Anque iso non se traduce nunha aportación económica grande, deixan algúns fondos que axudan a financiar os gastos correntes, pero nada máis. A Xunta, para os templos máis próximos ao Camiño, si que ten programas específicos para acondicionalos.

Hai algunha previsión para abrir as igrexas ao público?

A situación é moi desigual na apertura de templos. Hai igrexas que as abren os propios veciños, tamén houbo persoal contratado para abrir as do Camiño de Santiago... Creo que habería que dar cun sistema para abrilas, especialmente coa axuda das novas tecnoloxías e da informática. En Palencia creo que funciona un sistema de códigos para abrir os templos cando unha persoa o solicita. Habería que buscar unha fórmula, porque abrilas podería ser unha fonte de ingresos.

Cal é a situación dos cemiterios?

A maioría dos cemiterios son do Obispado e iso é unha situación complicada. Na actualidade non se fan novos cemiterios e cando se propón unha ampliación, que son moi poucas, tense en conta a contorna, pero durante moito templo houbo unha falta de control sobre os cemiterios e fíxeronse verdadeiras barbadidades. As parroquias actualmente non contan con fondos para facer cemiterios novos, e o ideal sería que houbera camposantos municipais.

Cal é situación de O Noso Lar, que preside?

A fundación viu paralizada a súa actividade pola pandemia. Cando en 2020 nos pecharon tivemos que anular moitas convocatorias, coma unha viaxe para os maiores. Contamos recuperar o groso das actividades para o vindeiro ano.

Miguel Gómez: "Hai que atopar un sistema para abrir as igrexas e...