domingo. 29.05.2022 |
El tiempo
domingo. 29.05.2022
El tiempo

Medio cento de autocaravanas visitan O Incio para inaugurar unha nova área

Inauguración del área de autocaravanas de O Incio. EP
Os alcaldes do Incio e do Courel, con membros da asociación. EP
O punto de servizo para estes vehículos atópase no centro da Cruz. Os participantes percorreron o concello e tamén O Courel

Arredor de medio cento de autocaravanas desprazáronse esta fin de semana ao Incio  con motivo da inauguración dunha área de servizo para estes vehículos, que se atopa situada no centro da capitalidade da Cruz e que suporá maiores facilidades para as persoas que queiran visitar a zona con este tipo de vehículos.

Pertencen á Asociación Galega de Autocaravanas (Aga), da que forman parte uns 800  socios, e que durante varios días planificou unha ruta polas terras do Incio e do Courel, concello este que tamén vén de pór en marcha un espazo para autocaravanas.

Os alcaldes dos dous municipios, Héctor Iglesias e Lola Castro, participaron na inauguración destes puntos e na recepción aos visitantes, enmarcada dentro das actividades de promoción do novo xeodestino do que forman parte xunto con Samos e Triacastela.

No caso do Incio, a área para autocaravanas dispón de luz e de acometidas de abastecemento e saneamento. Foi acondicionada dentro dunhas obras de mellora da contorna do edificio multiusos, financiadas con 85.000 euros pola Consellería de Medio Ambiente.

O alcalde agradeceu a visita dos autocaravanistas, procedentes de varios puntos de Galicia e de León, e expresou o apoio do Concello a este tipo de turismo, que definiu como "respectuoso" coa natureza. "É unha actividade que espero que vaia en auxe no Incio dado que pode ser beneficiosa para todas as partes", expresou Corujo.

Nese aspecto coincidiron tanto o vicepresidente como a secretaria de Aga, Xosé Anxo Cid e Amale Rivas. "Para nosotros es importantes tener más puntos para poder desarrollar nuestra actividad, nos beneficiamos todos, el autocaravanista y el pueblo donde consumimos", dixeron. Os visitantes, que coñeceron da man de guías tanto a ruta do Ferro como as igrexas de Santa Cruz e Hospital, destacaron a beleza dunha zona de  montaña con "paraxes impresionantes".

Medio cento de autocaravanas visitan O Incio para inaugurar unha...
Comentarios