viernes. 23.04.2021 |
El tiempo
viernes. 23.04.2021
El tiempo

Mato e Conde abordan nunha reunión medidas de apoio ao tecido industrial de Paradela

18,30 h.-        O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reunirase co alcalde de Paradela. Na sala de xuntas da Vicepresidencia segunda (edificio administrativo de San Caetano, 4º andar).


foto xoán crespo
26/03/2021
José Manuel Mato e Francisco Conde, durante a reunión. EP
O conselleiro informou ao alcalde sobre diferentes programas da Xunta para favorecer o investimento empresarial

O alcalde de Paradela, José Manuel Mato, e o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantiveron hai uns días un encontro para estudar medidas de apoio ao tecido industrial deste concello.

O conselleiro e vicepresidente económico informou ao alcalde dos diferentes programas da Xunta para favorecer o investimento empresarial, o desenvolvemento industrial, as enerxías renovables a e innovación, ademais dos apoios aos sectores máis afectados pola pandemia do covid-19.

Tamén falaron da figura dos Concellos Emprendedores, que lle permitiría a Paradela ter prioridade á hora de acceder a determinadas axudas a cambio do compromiso de rebaixar os seus impostos locais para captar novos investimentos empresariais.

A Consellería de Economía cifrou en 900.000 euros as axudas concedidas a Concello, veciños e empresas de Paradela entre os anos 2009 e 2020, "coas que se impulsou unha mobilización público-privada de 2,7 millóns", dixo.

Mato e Conde abordan nunha reunión medidas de apoio ao tecido...
Comentarios