miércoles. 23.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 23.09.2020
El tiempo

Este martes uns 200 veciños do Incio serán sometidos a probas PCR

Os test faranse ao longo do día na sala de usos múltiples do Concello

A Consellería de Sanidade levará a cabo un cribado este martes entre os veciños e veciñas do Incio para coñecer o alcance do brote que se orixinou na residencia.

Desde esta mañá están avisando aos aproximadamente 200 veciños e veciñas aos que se lle practicarán as probas PCR, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.

 As probas faranse ao longo do martes na sala de usos múltiples do Concello do Incio.

O Concello tamén quixo amosar o seu pesar pola morte dun usuario da residencia.

Este martes uns 200 veciños do Incio serán sometidos a probas PCR
Comentarios