sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Lucía Pérez: "Teño tantas ganas de ir ao Incio, abrazar a familia, varrer o camiño, oler a herba..."

Onde está a pasar o confinamento?
Estou por Asturias, en Valdepares, cerquiña de Tapia de Casariego, na terra do meu mozo. Pilloume aquí e aquí quedei, de feito vou facer unha casiña nesta zona.

Lucía Pérez. EP - copiaComo o soporta, que cousas fai día a día?
Pois a verdade é que estou todo o día ocupada. Dedico moitas horas a crear contido para as miñas redes sociais. Por suposto, con música, pero tamén facendo receitas, exercicio, complementos para a miña roupa. Tamén teño invitados nunha sección en directo do meu Instagram; xa estiveron Soraya, Tonhito de Poi, Rodrigo Cuevas, Ariel de Cuba, Serafín Zubiri, Vizcaíno... Ao final non me queda tempo. As receitas están gustando moito e os complementos que fago eu tamén. Intento facer cousas que sexan moi doadas,e moi visuais. Acórdome moito dos nenos, para que fagan cousas cos pais. A xente pode seguirme no meu Instagram (@luciaperezmusic) e na miña páxina oficial de Facebook (@LuciaPerezOficial) e estar ao tanto do que fago para entreterme eu e entreter a xente. Tamén estou aproveitando para escoitar moita música e comezar a traballar no meu próximo disco.

Que será o primeiro que faga cando saia?
Téñoo clarísimo! Irme á miña casa, que está en Goó, no Incio, onde está a miña familia. Teño tantas ganas de velos, abrazalos, bicalos...! E desfogarme polas carballeiras, varrer o meu camiño, oler a herba, as flores...

Que lección saca de todo isto, positiva e negativa?
Pois de todo un pouco, pero eu quero pensar que nos vai valer para ser mellores con nós mesmos e con todo o que nos rodea, coa nosa terra. Pero o que teño claro é que nestes momentos que estamos vivindo temos que potenciar todo o que temos e sacar o mellor de nós mesmos. Non ter medo ao medo e non obrigarnos a nada. En canto á cultura, é un sector que sabemos que vai estar moi afectado e tamén temos que loitar polo noso. Eu sempre digo que todos os directos, todo o tempo que estou dedicando a isto fágoo por min e polo resto da xente, sen música e sen cultura non hai país.

Lucía Pérez: "Teño tantas ganas de ir ao Incio, abrazar a familia,...