jueves. 20.02.2020 |
El tiempo
jueves. 20.02.2020
El tiempo

Lucía Pérez ofrecerá un concerto de Nadal na igrexa de Hospital do Incio

Lucía Pérez actuará na igrexa románica de San Pedro Fiz de Hospital. EP
Lucía Pérez actuará na igrexa románica de San Pedro Fiz de Hospital. EP
A artista actuará o vindeiro sábado no templo románico dentro da programación festiva do Concello

A cantante do Incio Lucía Pérez ofrecerá o vindeiro sábado, ás sete da tarde, un concerto de Nadal nun escenario especial como é a igrexa románica de San Pedro Fiz de Hospital, no seu concello natal.

A actuación forma parte da programación para estas datas do Concello do Incio, que invita a asistir a unha cita musical con entrada gratuíta ata completar capacidade.

"Será a primeira vez que nas paredes de mármore desta xoia do románico resoe a música en directo da artista do Incio, e que coa súa voz e a súa música faga emocionar aos asistentes nun lugar, sen dúbida, inspirador", asegura.

Lucía Pérez ofrecerá un concerto de Nadal na igrexa de Hospital do...
Comentarios