Lorena do Val: "Os nenos buscan perder o medo escénico e conségueno"

Lorena do Val dirixe a Aula de Teatro de Sarria, tanto de nenos como de adultos, que comeza unha nova tempada
Lorena do Val, directora del Aula de Teatro de Sarria. AEP
photo_camera Lorena do Val, directora da Aula de Teatro de Sarria. AEP

Cando comezan o novo curso da Aula de Teatro?

Farémolo sobre novembro. Haberá Aula de Teatro infantil e de adultos, sempre dependendo do número de inscritos. Esperamos que se anime máis xente a participar.

Hai alumnos que toman parte na Aula desde os inicios?

Si, hai alumnos que repiten. A Aula infantil xa leva case catro anos, mentres que a de adultos bastante máis tempo.

Por que os nenos elixen participar na Aula de Teatro?

A maior parte busca desinhibirse, perder a vergoña e o medo escénico. E conségueno. Formaron unha piña malia que existe moita diferenza de idades, temos unha nena que empezou con 6, ata os máis maiores, de 16 anos. Tamén buscan pasalo ben con outros nenos e gústalles xogar —é como lles ensino o teatro— e representar  unha  obra. O outro día presentaron ‘Alicia no país das marabillas’ e xa queren a seguinte obra.

E os adultos, que buscan nesta actividade?

Todos senten paixón polo teatro, son perfeccionistas. O seu obxectivo é facer unha obra de teatro, é o que máis lles gusta. Ensaiaron todo o verán a pesar de que non hai Aula.Gústalles o teatro profesional e quixeron representar unha obra que agora estase representando en Madrid, con Josema Yuste e Teté Delgado. É ‘Sé infiel e non mires con quen’.

Cando a representarán?

Probablemente se representará en Sarria nas datas do vindeiro Nadal.

Comentarios