Inaugurada en Triacastela unha mostra sobre o Camiño a través de postais antigas

Ata o 16 de novembro pode visitarse a exposición
Inauguración da exposición Camiño Compostal en Triacastela. EP
photo_camera Inauguración da exposición Camiño Compostal en Triacastela. EP

A mostra Camiño Compostal, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño, quedou inaugurada este mércores en Triacastela

A exposición, na que se pode ver a representación do Camiño Francés en postais históricas de hai un século, estará aberta ata o 16 de novembro no local da Fonte do Lugar. 

A iniciativa está patrocinada pola Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo e conta coa colaboración do Concello de Triacastela.

Á inauguración asistiron Lois Celeiro, vicepresidente de APECSA, José Manuel Salgado, comisario da exposición, María José Gómez, xefa territorial de Cultura na delegación da Xunta en Lugo, Luis López Arias, concelleiro de Medio Ambiente en Triacastela e a rexedora muncipal, Olga Iglesias.

Comentarios