Ferida unha persona ao saírse da vía un coche en Sarria

O suceso tivo lugar na parroquia de Barbadelo
Una ambulancia del 061. AEP
photo_camera Una ambulancia del 061. AEP

Unha persoa resultou ferida á primeira hora da tarde deste martes ao saír da vía o seu vehículo cando circulaba á altura de Vilei, na parroquia sarriá de Santiago de Barbadelo.

O servizo de emerxencias 112 Galicia tivo noticia do accidente de circulación sobre as 16.30 horas a través do 061, que alertaba de que había unha persoa ferida, pero non estaba atrapaba.

Desde este departamento pasaron aviso á Policía Local, Garda Civil, bombeiros e Protección Civil. A persoa lesionada foi trasladada nunha ambulancia a un centro médico para recibir atención por feridas que, en principio, non revestían gravidade.