Familias de Sarria inician unha recollida de firmas para reclamar pediatras

Segundo indican os afectados, non se están a cubrir as baixas dos facultativos, derivando nunha situación de "desatención sanitaria"
Interior del centro de salud de Sarria. PORTO
photo_camera Interior del centro de salud de Sarria. PORTO

Nais e pais de Sarria acaban de pór en marcha unha recollida de firmas para denunciar a falta de pediatras no centro de saúde da localidade.

Segundo indican os afectados, non se están a cubrir as baixas dos facultativos, derivando nunha situación de "desatención sanitaria". Enganden que as únicas opcións que se lles ofrecen son o cambio de cita, "o día anterior", ou que os menores pasen a ser atendidos por médicos de familia, "e non por un especialista en pediatría".

Desta forma, solicitan a través do escrito unha "atención sanitaria digna para os nosos fillos", indicando que os nenos e nenas deberían ser atendidos por un pediatra sempre.

Fontes da Consellería de Sanidade sinalaron onte que o centro de saúde de Sarria sempre conta cun especialista en pediatría e, en ocasións, "dous profesionais". Desta forma, "a asistencia está garantida", engadiron.

Parlamento. Días atrás, os nacionalistas de Sarria, encabezados polo seu voceiro, Efrén Castro, tamén reclamaron reforzos no servizo de pediatría, "que actualmente se atopa sen persoal de referencia", e apunaron que isto provoca que as familias do concello se atopan cada día cun profesional diferente, "obrigando en moitos casos a recorrir á atención privada".

A formación comprometeuse a iniciar no Parlamento de Galicia as accións necesarias para cubrir o centro de saúde de Sarria cos recursos e profesionais suficientes para garantir unha atención en condicións.

Comentarios