Falece aos 92 anos o sacerdote de Samos Camilo López, que exerceu en Sarria e Láncara

Os actos de funeral celebráronse o martes 
Flores en un cementerio. PIXABAY

O sacerdote Camilo López López, natural da parroquia de Castroncán, no concello de Samos, finou o pasado luns aos 92 anos de idade. Xubilado dende había tempo, exerceu como crego nas parroquias sarriás de Santo Estevo de Lousadela e Santiago da Veiga, así como en San Salvador de Toirán, pertencente ao municipio de Láncara.

Ao longo da súa traxectoria, tamén foi párroco en San Xiao de Zas de Rei, no concello de Melide, ademais de actuar como membro suplente do sétimo consello presbiteral diocesano.

SOBRIÑO DE CREGO. Camilo López pertencía á Casa Fidalgo do núcleo samanense de Vilachá e era sobriño doutro sacerdote, tamén de nome Camilo, falecido hai xa anos. Nos últimos tempos o crego residía na casa sacerdotal da capitalidade lucense.

Os actos de funeral celebráronse o martes pola tarde na igrexa conventual dos pais mercedarios de Sarria, con saída dende o tanatorio Madeira da vila. O enterro tivo lugar no cemiterio municipal de Sarria.