Faise viral un vídeo dunha serpe nun coche cando circulaba polo corredor Nadela-Sarria

Nas imaxes pode verse como o vehículo está en marcha e o réptil parece que sae do motor, asomando a cabeza, para sobresalto dos ocupantes
A cabeza da serpe. SOCIAL DRIVE
photo_camera A cabeza da serpe. SOCIAL DRIVE

O vídeo dunha serpe saíndo polo capó dun automóbil cando circulaba polo corredor Nadela-Sarria fíxose viral na xornada deste mércores.

A gravación foi distribuída polo portal Social Drive a través das súas redes sociais. Nela pode verse como o vehículo está en marcha e o réptil parece que sae do motor, asomando a cabeza, para sobresalto dos ocupantes.

A páxina sinala que o achado produciuse no corredor de Sarria-Lugo, pero non indica cando. Polas imaxes, de ser actuais, o descubrimento produciríase no vial á altura dos concellos do Corgo ou Lugo, xa que non se observan as obras de construción da autovía.

O vídeo foi moi comentado e a gran maioría coincidía no susto que tiveron que levar os viaxeiros. Outros bromeaban con que a serpe quería viaxar sen pagar ou con que, co prezo que acadan os carburantes, calquera día aparece unha persoa escondida nese lugar.

Comentarios