O Esmorga Fest presenta o seu cartel de artistas completo

O festival celebrarase o venres e o sábado 15 e 16 de marzo

Carolina Durante. EP
photo_camera Carolina Durante. EP

Todos os seguidores da música indie e underground teñen unha cita os días 15 e 16 de marzo de 2019 en Sarria no Esmorga Fest. Os organizadores do festival presentaron este luns o cartel de artistas definitivo. No seu décimo aniversario, o Esmorga reunirá a un bo número de actuacións, entre os que se encontran Lagartija Nick ou Carolina Durante.

O evento, patrocinado por Son Estrella Galicia, contará tamén cos seguintes artistas: Voltaica, El Lado Oscuro de la Broca, Amor Germanio, Ladrillo y Mujer, Seda, Dûrga, Pálida, PV3000, Don Gonzalo, Toundra, Tuya, Sierra, Bestia Bebe, Sierra, Za!, Apartamentos Acapulco, Ànteros e Perro.

O guateque de presentación do Esmorga Fest celebrarase o próximo 23 de xaneiro no Mercado Street Food de Lugo con concertos de Berta Franklin e Thee Blind Crows.

As entradas pódense mercar de maneira anticipada a través da súa páxina web e en dous locais de Sarria: Adarve e Xarope.

Comentarios