WAS, Nudozurdo e Cala Vento no Esmorga Fest 2018

O festival sarriao celebrarase os días 2 e 3 de marzo

Uno de los conciertos de la pasada edición del Esmorga Fest. DAVID TOMBILLA
photo_camera Un dos concertos da pasada edición do Esmorga Fest. DAVID TOMBILLA

O Esmorga Fest vén de pechar o cartel da edición de 2018. Bandas como Presumido, Pálida, Kadettgsi ou FAVX únense aos grupos xa anunciados, entre os que se atopan WAS, Nudozurdo, Mujeres, Disco Las Palmeras ou Cala Vento.

A nova edición do festival mantén a súa localización en Sarria e volve celebrarse no mes de marzo. Este ano, a cita pasará a durar dous días e non un, como en anteriores ocasións. Serán os días 2 e 3.

A organización do Esmorga Fest destaca que o festival é "froito do traballo de todo o ano dunha asociación cultural sen ánimo de lucro de Sarria, que ten como único obxectivo traer propostas creativas do eido musical á vila, onde destaca canta poboación toca un instrumento ou pertence a un grupo".

As entradas pódense mercar a través da páxina web do festival a prezo reducido ou fisicamente en locais de Sarria e no Mercado Street Food de Lugo.

Cartel Esmorga Fest

Comentarios