Especial fin de año

Entrou en servizo a primeira fase da autovía que une Sarria e Nadela, a AG-22

Son 10,5 quilómetros entre a vila e a saída cara A Pobra de San Xiao e O Páramo, cuxa construción tivo un custo duns 25 millóns de euros. Continúa a obra no túnel de Oural, onde traballaron ata 500 persoas

Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xunto a outras autoridades, na inauguración das obras. SEBAS SENANDE

Tras máis de dúas décadas reivindicando unha autovía entre Sarria e Lugo, a demanda viuse parcialmente cumprida a finais de 2022 coa apertura da primeira fase da AG-22. Son 10,5 kilómetros entre Sarria e a saída cara O Páramo e A Pobra de San Xiao, nos que a Xunta investiu arredor de 25 millóns de euros.

No mes de outubro do pasado ano entrou en servizo a calzada en sentido Monforte e, en novembro, fixéronos os outros dous carrís en sentido Lugo despois de varias semanas nas que os traballos de asfaltado e sinalización obrigaron aos condutores a desviarse pola estrada LU-546.

Esta primeira fase do desdobramento do corredor permite circular a 120 quilómetros por hora e mellora a seguridade e a mobilidade duns 7.500 vehículos que circulan cada día por unha estrada na que perderon a vida 15 persoas en accidentes dende o ano 2008.

A inauguración destes 10,5 quilómetros correu a cargo do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e de representantes dos concellos de Sarria, O Páramo e Láncara, entre outras autoridades. Durante o acto, Rueda comprometeuse a continuar a autovía ata Nadela executando os 16 quilómetros de desdobramento que faltan.

Nestes momentos está en fase de redacción o proxecto de trazado, estudo de impacto ambiental e proxecto construtivo, coa perspectiva de sacalo a información pública a mediados deste ano e iniciar o trámite ambiental. De ser así, haberá aínda que esperar a 2024 para poder licitar as obras.

Mentres, continúan os traballos no túnel de Oural dentro do proxecto de modernización da conexión ferroviaria entre Ourense-Monforte de Lemos e Lugo.

Neste túnel, de 1.850 metros de lonxitude, chegaron a traballar ata 500 persoas nunha actuación iniciada hai xa un ano e que seguirá ata finais deste 2023 ou principios do 2024. A súa construción foi adxudicada polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) á empresa Ferrovial na suma de 50,7 millóns de euros.

Tamén haberá que ampliar a variante do tren da Pobra de San Xiao en 1,5 quilómetros, para o cal está en trámite o proxecto e as expropiacións, que afectarán a 94 parcelas do termo municipal de Láncara e outras 18 de Sarria.

Tamén pasou: Comezaron as obras de mellora do saneamento

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) iniciou as obras de mellora do saneamento e da Edar de Sarria, que teñen un orzamento de 2,4 millóns de euros e que estarán rematadas arredor de outubro deste ano.

Por outra banda, o TSXG obrigou a este organismo a conceder autorización para a construción dun hotel na Rúa da Liberdade, no solar do antigo cuartel. 

Obras del saneamiento en Sarria. AEP

E ademais: Abriu unha nova gasolineira no casco urbano

Unha nova gasolineira, da compañía Plenoil, instalouse no casco urbano de Sarria, nun solar da Rúa Matías López, esquina con Formigueiros, no que había unha casa que foi derrubada para construír a estación de servizo.
 

Comentarios