Efrén Castro Caloto (BNG): "Leváronme á política os libros de Castelao"

O nacionalista Efrén Castro Caloto estreouse como candidato no 2015 e, ademais de tenente de alcalde nun goberno de coalición, levou as áreas de medio rural, deportes e a residencia de maiores

Efrén Castro, portavoz del BNG. VILA
photo_camera Efrén Castro, candidato do BNG en Sarria. VILA

Defínase en poucas palabras.

Dame un pouco de reparo. Diría de forte compromiso, ideoloxía, traballador e conciliador. 

Resultou ser a xestión municipal como esperaba? 

Non. Hai que aprender a adaptarse aos ritmos da administración, no privado é máis inmediato. 

Volvería pactar con Pilar López? 

Presentámonos para ter nós a alcaldía. 

Pero de ser necesarios pactos? 

Pactaremos con calquera para formar un goberno de esquerdas e cos pés na terra. 

Cal é a súa quiniela electoral? 

Creo que nós imos ter unha subida moi importante e imos ser a forza de referencia na esquerda. 

Emprega a miúdo redes sociais? 

Non moito. 

A que ou a quen lle poría un 'gústame'? 

A Mónica López (a súa compañeira de goberno do BNG). 

E unha cara de enfado? 

Seguro, ao PP. 

Un sorriso? 

Un sorriso moi grande ao BNG, creo que é unha formación necesaria para este país. 

Cre que a política é como unha proba de resistencia? 

Si, hai momentos duros, ás veces no político e outras no persoal. 

Como van as fochancas no rural? 

A menos. Non podemos dicir que estea todo perfecto pero traballamos bastante para solucionalo. 

E a residencia de maiores? 

Foi todo un reto dirixila e creo que se mellorou moito na xestión. 

Díganos unha proposta para Ponte Ribeira. 

Xa dunha vez ten que deixar de rirse de Sarria a CHMS, axudarnos de verdade e abrila. 

Pero agora é o Concello quen ten licitada a obra... 

A CHMS pode mollarse en calquera momento e axudar economicamente e en calquera problema. 

Cando se poderá nadar na piscina cuberta de Sarria? 

Case inminente, non antes das eleccións, pero dentro deste ano. 

A quen admira? 

Os libros de Castelao foron os que me levaron á política e iso sempre é unha estrela que está guiando. 

Cal foi a última película que viu no cine? 

Gústame todo tipo de cine. A última foi Vengadores Endgame. 

Como ciclista, vese no pelotón ou escapado? 

Véxome coma un gregario. 

De quen?

Do pobo. 

Unha meta para Sarria? 

Téñoo clarísimo: ordenar o urbanismo, deixar o pleistoceno urbanístico e traelo a esta era.

En curto
Camisetas de rugby
O candidato acostuma a levar camisetas de rugby e ten un referente na selección de Irlanda. "Encántame este deporte polos seus valores", di.

Chapas con mensaxe 
No seu vestiario soe incluír chapas con mensaxe, alusivas a Rosalía, Castelao ou ao BNG . É habitual que acabe regalándoas a quen lle gusten.

Calzado deportivo 
Efrén Castro usa no seu día a día calzado deportivo. En xeral, prefire a roupa "cómoda" e decántase polos zapatos en contadas ocasións.

Comentarios