Dous grupos musicais actuarán o día 24 en Sarria na terceira Escolma de Cinema Galego

Oh! Ayatollah e Contenedor de Mierda completan o programa do festival cinematográfico

Grupo O! Ayatollah. EP
photo_camera Grupo O! Ayatollah. EP

A terceira Escolma de Cinema Galego, que se celebrará o 24 en Sarria, contará coa actuación de dúas formacións musicais.

Os concertos terán lugar na sociedade recreativa La Unión e correrán a cargo de Oh! Ayatollah e Contenedor de Mierda. O primeiro é un grupo de pop que naceu a finais do ano 2015 en Santiago de Compostela e este mes acaba de sacar o seu primeiro disco, Volve a canción protesta.

Pola súa banda, Contenedor de Mierda ofrece punk con temas que non chegan aos dous minutos.

Con estas actuacións completarase o programa da Escolma de Cinema Galego, que organiza a delegación de cultura do Concello e está dirixida por Alberte Branco. No certame exhibiranse sete filmes, entre os que están catro curtametraxes. Son Dhogs, Esquece Monelos, Paisaxes da Capelada, Matria, Qviasma, M Manuel Moldes Pontevedra Suite 1983-1987 e A Rapa das Bestas. As proxeccións serán na casa da cultura e terán entrada libre.

Comentarios