Dous expertos fixeron exhibicións de tenis de mesa durante o torneo do Incio

Catorce deportistas participaron na competición, organizada polo club Ceibe de Monforte e o hotel Hermida Rural de Eirexalba
Torneo de tenis de mesa en el hotel Hermida Rural de O Incio. EP
photo_camera Participantes no torneo no hotel Hermida Rural. EP

O hotel Hermida Rural de Eirexalba (O Incio) acolleu este sábado o primeiro torneo de tenis de mesa deste concello, no que participaron 14 deportistas e que incluíu exhibicións a cargo dos expertos Adrián Expósito e Rubén López.

Este torneo para afeccionados, organizado polo club Ceibe de Monforte e o hotel, congregou veciños do Incio, Bóveda ou Láncara, que compartiron unha amena xornada xunto ao encoro de Vilasouto

Os primeiros clasificados optaron a premios como unha estancia no Hermida Rural para dúas persoas con aloxamento e almorzo, unha cesta de produtos do porco celta doada por Cárnicas Teijeiro ou un percorrido en canoa polo encoro. Colaboraron tamén Adegas Terra Brava con dúas botellas de viño e Mel Abella Brava, así como o Concello do Incio, que fixo camisetas conmemorativas para os participantes.

Os organizadores amosáronse contentos co resultado deste primeiro torneo e pensan xa nunha segunda edición.

Comentarios