viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

A Deputación mellora dúas estradas na comarca con importe de 200.000 euros

La Diputación repara una vía provincial entre Sarria y Samos
Traballos nunha das vías provinciais. EP
Ambas vías provinciais comunican Sarria e Samos

A Deputación de Lugo inicia as obras de mellora en dúas estradas da comarca de Sarria cun investimento de 200.000 euros. Concretamente, trátase da vía LU-P-5602, que une a localidade sarriá con Samos por Pintín, e a LU-P-5702, que conecta ámbolos dous municipios, pasando polos núcleos rurais do Mato, Santo Estevo, San Vicente de Froián, Suñide e Teibilide.

"Estas dúas estradas son eixos fundamentais para as comunicacións da veciñanza da comarca", explican desde o ente provincial, ao tempo que especifican que os traballos consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación en quente e sinalización horizontal mediante marcas viarias.

Na LU-P-5602, que pasa polas parroquias de Calvor, Aguiada e San Mamede do Camiño, mellorarase un treito de dous quilómetros, desde o punto 15,5 ata o 17,5. Unhas actuacións que se suman ás xa executadas con 173.000 euros entre os quilómetros 11,8 e 15,4 e que benefician a uns 300 residentes da zona e a peregrinos, ao estar en pleno Camiño Francés.

Por outra banda, na estrada LU-P-5702 acondicionaranse os primeiros 2,6 quilómetros de Sarria a Samos.

"A mellora da mobilidade é unha das prioridades marcadas polo presidente no orzamento para este 2021, no que decidiu aumentar as partidas para as estradas nun 14%, ata acadar os 16 millóns de euros", conclúen desde o ente.

A Deputación mellora dúas estradas na comarca con importe de...
Comentarios