martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

A Deputación inicia as obras de mellora da estrada que une Teilán e Paradela

La Diputación inicia las obras de la carretera de Teilán a Bóveda
As máquinas comezaron a traballar na estrada. EP
Os traballos teñen un orzamento de 93.000 euros e afectan a 3,2 quilómetros

A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de mellora da estrada que comunica Teilán, no concello de Bóveda, co termo municipal de Paradela.

As obras consisten no acondicionamento con aglomerado en quente de 3,2 quilómetros desta vía, a LU-P-0907. Tamén se fará a reapertura de cunetas e a renovación da sinalización horizontal con marcas reflexivas brancas.

A actuación conta cun orzamento de 93.170 euros e un prazo de execución de nove meses, malia que, segundo o organismo provincial, a previsión é rematar en menos tempo.

A Deputación inicia as obras de mellora da estrada que une Teilán e...
Comentarios