A Deputación dá unha axuda para contratar un guía en Sarria

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Comarca e a Deputación firmaron o convenio por importe de 3.000 euros
Tomé e López na firma do convenio. EP
photo_camera Tomé e López na firma do convenio. EP

O presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé, firmou un convenio coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago na Comarca, presidida por Jorge López, por importe de 3.000 euros para contratar un guía turístico que reforce a atención aos peregrinos no local do colectivo en Vigo de Sarria.

Esta persoa súmase ao traballo que realizaban os voluntarios da agrupación e terá unha xornada de tres horas diarias ata setembro. O local abre de luns a sábado en horario 11.00 a 16.00 horas, e os domingos de 11.00 a 14.30.

Comentarios