jueves. 04.03.2021 |
El tiempo
jueves. 04.03.2021
El tiempo

O Concello sarriao reparte 2.450 euros no concurso de decoración de Nadal

Concurso de decoración del Concello de Sarria por Navidad. EP
Decoración no instituto Xograr Afonso Gómez. EP
O certame, convocado por primeira vez, busca incentivar o consumo no comercio e na hostalaría a través dos premios

O Concello de Sarria repartiu 2.450 euros en premios na primeira edición do concurso de decoración de Nadal, que se desenvolveu nas modalidades de individual exterior, individual interior e colectiva exterior.

Esta última estivo dirixida a aquelas comunidades ou asociacións de veciños que se animasen a decorar árbores, fachadas de edificios, portais, xardíns ou prazas. Os gañadores nesta categoría foron a comunidade de propietarios da Rúa Matías López 74-76, o instituto Xograr Afonso Gómez, os veciños da Rúa Peregrino 31 e as veciñas da Gran Vía 38, galardoados con 300, 250, 200 e 150 euros, respectivamente.

Na modalidade individual exterior podían participar particulares que realizasen a decoración de balcóns, ventás, portas, fachadas, terrazas ou xardíns das súas vivendas. Neste caso os premios corresponderon a Raquel Arias Arias (300 euros) e Carlos Rubén López Sánchez (250).

A categoría individual interior estaba pensada para os particulares que adornasen distintas estancias dos seus fogares e nela resultaron gañadores Soraya Armesto Cardenal, Pablo A. Paradela Fernández, Ana Calvo Corrales, Tania Fernández Rubio e Yasmina López Vázquez, que reciben, respectivamente, as cantidades de 300, 250, 200, 150 e 100 euros.

O xurado deste concurso convocado por primeira vez valorou especialmente os deseños respectuosos coa contorna, a iluminación e os materiais empregados, a orixinalidade, creatividade, combinación de elementos e cores, e o contido didáctico.

Os premios pagaranse mediante a presentación de factura ou facturas a nome dos gañadores emitidas por calquera comercio ou negocio hostaleiro aberto no municipio de Sarria (excluídas as grandes superficies ou supermercados xestionados por cadeas) por un importe igual ou superior ao do premio recibido. Deste xeito, o Concello trata de incentivar as compras e as consumicións no comercio e na hostalería locais.

O Concello sarriao reparte 2.450 euros no concurso de decoración de...
Comentarios