O Concello de Sarria recoñece o programa de igualdade da Anpa do Frei Luis de Granada

O proxecto desenvolveuse durante todo o mes de novembro, implicando a numerosas familias e colectivos
Colexios, familias e asociacións participaron no proxecto. VILA
photo_camera Colexios, familias e asociacións participaron no proxecto. VILA

O Concello de Sarria entregoulle unha placa á Asociación de Nais e Pais (Anpa) do colexio Frei Luis de Granada en recoñecemento ao programa sobre igualdade que puxo en marcha durante todo o mes de novembro e que implicou tanto a escolares como demais membros da comunidade educativa, familias e colectivos deportivos, entre outros.

O proxecto, desenvolvido baixo o título Convivindo na Igualdade, contou cunha ampla programación, na que houbo dende contacontos ata obradoiros, charlas, actuacións musicais e encontros deportivos e culturais.

Segundo a Anpa do Frei Luis, este proxecto chegou a máis de 700 familias do municipio e favoreceu o bo ambiente entre os distintos centros educativos que exercen o seu labor no ámbito de Sarria.

O recoñecemento foille entregado pola concellaría de Igualdade, ao fronte da cal se atopa Isabel Vergara.

Comentarios