O Concello de Sarria convoca oito prazas para unha brigada contra incendios

O prazo de inscrición abriu este mércores e manterase ata o vinderio día 19
Miembros de una brigada forestal. AEP
photo_camera Miembros de una brigada forestal. AEP

O Concello de Sarria aprobou a convocatoria de oito prazas de traballo temporal para a constitución dunha brigada forestal mediante concurso-oposición. O prazo de inscrición abriu este mécores e manterase durante cinco días hábiles ata o vindeiro 19.

Concretamente, precísase un xefe de brigada, un peón condutor, tres peóns/operarios de brigada e tres condutores de vehículo motobomba.

O contrato terá unha duración de tres meses e os salarios serán de 1.287,09 euros para o xefe de brigada e de 1.166,67 para o resto de traballadores, con rateo de pagas extras incluído. Como requisitos para optar os postos solicítase dispoñibilidade total para atender emerxencias.

Comentarios