lunes. 26.07.2021 |
El tiempo
lunes. 26.07.2021
El tiempo

O Concello de Sarria coloca un sinal de "firme en mal estado" en Diego Pazos

Señal instalada por el Concello de Sarria en la calle Diego Pazos
Señal instalada por el Concello de Sarria en la calle Diego Pazos. EP
Reduce a 20 quilómetros por hora a velocidade nesta vía tras non recibir permiso para renovar o pavimento

O Concello de Sarria colocou un sinal de "firme  en  mal  estado" na Rúa Diego Pazos, na que reduce a velocidade de circulación a 20 quilómetros por hora debido ao deterioro do pavimento.

Esta medida, que podería vir seguida doutras, prodúcese despois de que a Xunta denegase permiso para renovar o firme indicando que a solicitude non é unha medida puntual nin compatible co proxecto de reforma integral da vía.

Para o goberno sarriao, esta postura é "irresponsable" e "inxustificada". "A afirmación de que hai que levar a cabo o proxecto aprobado e mal executado é incompatible coa necesidade de depurar todas as responsabilidades", di.

O Concello de Sarria coloca un sinal de "firme en mal estado" en...
Comentarios