O Concello de Samos dedica case 50.000 euros á mellora de viais de Formigueiros

Casa consistorial de Samos. ARCHIVO
photo_camera Casa consistorial de Samos. ARCHIVO

O Concello de Samos sacou a licitación por 48.823 euros obras de mellora da pavimentación de viais interiores do núcleo de Formigueiros.

Son varios tramos de pistas públicas que se encontran moi deteriorados. As actuacións consistirán na limpeza de cunetas existentes, realización das mesmas en formigón nun dos casos, varrido do firme, arranxo das fochancas, aplicación de dobre rego asfático e nun dos viais será con plataforma de formigón.

O prazo de execución das obras, financiadas con cargo ao plan único da Deputación, será de 16 días naturais. O Concello ten aberto o período de recepción de ofertas para levar estos traballos, que pechará o próximo día 28.

Comentarios