O Concello de Láncara impulsa o sector industrial coa compra de Aplihorsa

O rexedor Darío Piñeiro participou nunhas negociacións desenvoltas con discreción e que teñen entre os seux obxectivos contribuír a crear emprego no concello

Generated by  IJG JPEG Library
photo_camera A antiga fábrica de Aplihorsa. EP

O Concello de Láncara tivo un papel fundamental na compra da antiga fábrica de Aplihorsa (Aplicaciones del Hormigón) de A Pobra de San Xiao (Láncara), por un grupo de empresarios de distintos puntos de Galicia, donde se prevé realizar un investimento de 1,5 millóns de euros para volver a producir nos primeiros meses de 2021. "É moi importante porque xerará emprego no concello", destacou o rexedor, o socialista Dario Piñeiro.

Piñeiro afirmou que estivo informado "dende o primeiro momento de todos e cada un dos pasos que se ían dando no proceso de negociación para a compra". As negociacións leváronse con discreción e "veñen de hai xa un tempo", destacou. "Houbo que salvar escollos e establecer garantías".

Generated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryGenerated by  IJG JPEG LibraryPiñeiro (en la imagen) tamén se comprometeu a dedicar unha importante partida de investimentos para as tarefas de urbanización das inmediacións da fábrica. "A nova zona industrial vainos axudar a poñer en valor os terreos anexos que están no ámbito do Plan Especial". As actuacións incluirán a conseguinte dotación de servizos, cun investimento importante. "A rúa que temos previsto urbanizar será unha proxección coa Rúa Rosalía de Castro e enlazará o polígono industrial co casco urbano".

O Concello de Láncara asume así, e desde o principio, un rol importante no despegue desta nova fábrica e da futura nova zona industrial. "Comprometémonos a axilizar a tramitación administrativa ao máximo posible para que a burocracia non sexa un atranco".

Coa contribución municipal á recuperación da actividade na antiga fábrica búscase o dobre obxectivo de crear novos empregos e dinamizar industrialmente o municipio. "A Pobra de San Xiao e o concello de Láncara está a vivir un bo momento a pesares da crise", afirmou Piñeiro. Recentemente tamén se aprobou a licencia para a construción doutra planta de formigón en San Xoán de Muro, e: "temos para dar licencias por valor de máis de 2 millóns de euros no medio rural".

O rexedor indicou que convocará a comisión do polígono industrial para informar a todos os partidos da oposición de todos os pasos desenvoltos nas negociacións. "O compromiso ten que ser real, non pode quedarse nun simple titular. Se queremos apostar de verdade polo noso Concello, temos que facer investimento público que permita atraer a iniciativa privada. Entre todos seremos capaces de xerar, de entrada, 10 postos de traballo de maneira directa e contribuiremos a desenvolver economicamente o noso concello", explicou.

O Concello de Láncara investiu neste exercicio 2020 un total de 815.963 euros en mellora de infraestruturas coma as rúas Adolfo Suárez; Río Neira e Rosalía de Castro, na pavimentación con aglomerado de Vilambrán; Ronfe, Vilambrán-Oleiros, Trasliste e Láncara; melloras de estradas en Eirexe, Lama e O Couto; pavimentación en Vilaesteva; mellora de camiños en Armea de Abaixo; pavimentación dos núcleos de Seador, Viance, As Cortes; o aglomerado da estrada Bande-Vilar, no obradoiro de emprego, a urbanización do polígono, o aglomerado dos núcleos de Toirán e Vigo de Galegos, a humanización da LU-621 no núcleo de Láncara, e a iluminación do Campo da Feira, Muro, San Vicenzo, Armea de Abaixo, Vilela de Abaixo, Toldaos, Agualevada, Cedrón, Láncara, Toirán e Bande.

Así mesmo investíronse un total de 525.535 euros na promoción e creación de emprego, con seis traballadores no programa Depuemprego; dous no obradoiro de emprego, un en Aprol e accións de novas oportunidades na canteira de Muro e Aplihorsa. A través do plan Láncara Contigo achegáronse 40.000 euros para paliar os efectos económicos provocados polo covid-19 nos establecementos que estiveron afectados polo peche durante o confinamento domiciliario, e habilitáronse axudas de emerxencia social vixentes para a toda a lexislatura. Todas aquelas persoas que se atopan nunha situación de vulnerabilidade ou que teñen necesidades básicas poden solicitar axuda no Concello a través da asistenta social. Láncara colabora tamén coa Xunta de Galicia na xestión da Casa Niño e coa cesión dun local municipal para albergala, velando polo mantemento de servizos como o Centro de Saúde e o colexio, e cedéndose tamén un local municipal para albergar o cuartel da Garda Civil e evitar así o seu traslado.

Comentarios