O Concello do Incio homenaxea o gaiteiro Rubén González

No acto descubriuse un monolito en memoria do músico, coñecido en todo o mundo polo seu traballo como construtor de palletas

Familiares do gaiteiro Rubén González asistiron, xunto a alcaldesa do Incio, Laura Celeiro García, e o deputado da comarca, Pablo Rivera Capón, á homenaxe deste músico, fillo adoptivo deste municipio. No acto, que contou coa actuación dos Gaiteiros do Incio, estiveron acompañados de numerosos veciños do Concello e descubriuse un monolito en memoria do músico. 
Ourensán de nacemento, residiu, desde moi novo neste municipio lucense, onde comezou o seu labor como gaiteiro e construtor de palletas, traballo polo que foi coñecido en todo o mundo. Rivera Capón destacou "a tarefa deste artesán que pulou por manter viva a tradición e a música galega". 

Pola súa banda a Alcaldesa agradeceu "o traballo de Rubén González, xa que grazas a súa implicación en prol da cultura galega, a través das gaitas, levou o nome do Incio por todo o mundo".

Comentarios