O Concello do Incio anuncia que non se detectou ningún positivo no CEIP Ricardo Gasset

Once nenos volven ao centro tras gardar a corentena
Un grupo de nenos no colexio de O Incio. CONCELLO DE O INCIO
photo_camera Un grupo de nenos no colexio de O Incio. CONCELLO DE O INCIO

O colexio do Incio recupera a normalidade. O Concello anunciou este mércores que once nenos volven ao CEIP Ricardo Gasset tras gardar a corentena e dar negativo nas PCR. 

Tiveran que quedar na casa por dar positivo hai días o acompañante dun bus escolar. 

Actualmente o colexio Ricardo Gasset ten 25 alumnos.

Comentarios