martes. 07.07.2020 |
El tiempo
martes. 07.07.2020
El tiempo

En Común comprométese en Sarria a reverter "o desmantelamento" do ensino público no rural

Gómez - Reino na súa visita ao CEIP Frei Luis de Sarria. EP
Gómez - Reino na súa visita ao CEIP Frei Luis de Sarria. EP
Gómez-Reino visitou o CEIP Frei Luís Granada de Sarria (Lugo), onde os pais demandan unha "reforma integral" do centro

O candidato da coalición Galicia En Común á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, comprometeuse este venres a reverter "o desmantelamento" ao que, di, someteu a Xunta ao ensino no rural durante a etapa de Alberto Núñez Feijóo como presidente. Díxoo en Sarria, onde este venres visitou xunto ao número uno da coalición pola provincia luguesa, Miguel Anxo Fernán Lanuxe, as instalacións do CEIP Frei Luís Granada acompañado polos pais e nais organizados nunha plataforma que reclama unha reforma integral do centro ante as deficiencias estruturais que presenta. 

Segundo informa a candidatura nun comunicado emitido após a visita, a plataforma denuncia que a Consellería de Educación "está a ocultar datos" sobre o proxecto de reforma do centro no que, segundo sosteñen, "levan facendo parches desde 2009". Neste sentido, a Anpa do colexio denuncia que a solución posta sobre a mesa pola Xunta foi "recolocar" ao alumnado nun antigo centro "en desuso e sen as condicións adecuadas ou repartilos por colexios da contorna". 

Durante a visita, logo de botar un ollo ás fotos do interior do centro achegadas pola plataforma de pais e nais, Gómez-Reino e Fernán Lanuxe sentenciaron que no CEIP "non se pode exercer a actividade docente". "O estado no que se atopa o centro é o perfecto exemplo da nula preocupación do señor Feijóo educación pública no rural", sinalou Gómez-Reino, que se comprometeu a impulsar, se alcanza responsabilidades de goberno, un plan de reforma e mellora dos centros educativos de Galicia que retire o amianto das construcións, mellore a súa eficiencia enerxética e elimine barreiras arquitectónicas. 

En Común comprométese en Sarria a reverter "o desmantelamento" do...
Comentarios