Chixco López: "Levo dende os 18 neste mundo e teño catro vitrinas con trofeos"

O copiloto sarriao que vén de gañar unha carreira celebrada en Andalucía
Chixco López (izquierda) y Ricardo Ramilo. EP
photo_camera Chixco López (izquierda) y Ricardo Ramilo. EP

Francisco Javier López, Chixco, acaba de gañar unha carreira na Baja Trans Andalusía, última proba do campionato de España de rally TT.

Como foi a súa participación nesta carreira en Sevilla?

Quedamos primeiros da nosa categoría e oitavos da xeral. Fun co piloto vigués Ricardo Ramilo, que correu o Dakar en 2020. É a segunda carreira xuntos, a primeira foi en Lorca e quedamos segundos. Consolídase como subcampión de España da categoría 4x4.

Resultou complicado?

Si, porque non ían os cascos e corremos toda a carreira con señas. Esta puntúa para o campionato de España.

Cando será a vindeira?

A próxima será no 2022, esperando a que saia o calendario.

Con que vehículo correron?

Un Buggy Can-AM, co que correu o campión do mundo de cross-country. Comprouno Ricardo coa idea de probalo nesta carreira e no Dakar, pero non irá. Fixemos algúns axustes. Foi a primeira carreira con este coche e respondeu moi ben.

Cantos trofeos colleitou xa ao longo da súa traxectoria?

Teño catro vitrinas cheas de premios, entre 20 e 30 trofeos. Como piloto teño varios do campionato galego de orientación (ecotrack).

Dende cando está vinculado a este mundo?

Dende os 18 anos no mundo do 4x4 e dende os 25 adicándome a pilotar. Sempre me gustou a natureza. Gañei varias veces o campionato galego de 4x4 e fun subcampión da categoría T1, competín en rallys de terra con todoterreo como copiloto e agora levo varios anos no nacional. Tamén corrín rallys de asfalto como copiloto.

Comentarios