Carmen José López foi presentada como candidata do PP de Sarria este domingo no hotel Alfonso IX. A avogada, que se estrea en política, dixo que Sarria "merece salir del conflicto político, de los insultos y de los egos" e ofreceu traballo para buscar a maioría absoluta.
Estivo acompañada, entre outros, da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado; a presidenta provincial, Elena Candia; o responsable de Facenda do Goberno galego, Miguel Corgos; e o presidente local do PP, Fernando Carlos Rodríguez.