Os cantos de taberna volven a Sarria tras catro anos e cuns 160 músicos

Participaron 16 grupos que percorreron outros tantos bares da vila para rematar cunha cea conxunta
Cantos de taberna en los bares de Sarria
photo_camera Cantos de taberna nos bares de Sarria. VILA

Había ganas de música en Sarria. Pasados catro anos dende a última Estremonía Cantada, os sons máis tradicionais volveron encher os bares da vila da man dos 160 músicos que participaron este sábado na sétima edición do certame de cantos de taberna, organizado por Peleriños, La Unión e Concello.

Ás seis e media da tarde, puntuais, os 16 grupos inscritos comezaron a percorrer outros tantos establecementos, nunha animada xornada na que se escoitou máis dun aturuxo e que se alongou ata a noite.

Chegados dende Sarria e doutros como O Saviñao, Vilalba, O Carballiño ou A Pobra do Brollón, puxeron a bailar aos clientes dos locais Tapas, Casino, Escalinata, Montecarlo, Xarope, Oceánico, D’Pont, Travesía, Don Pepe, D’Orixen, Adarve, Roberto, Isla, España, As The Picas e El Faro.

A organización destacou a grande acollida do certame e agradeceu o bo facer de Tokaide, Son de Outeiro, Os Parrandas, Familia Rois, Son do Mao, A.C. Andrade, Mestura de Nete, Cantareiros da Unión, Testemuñas da Troula, Lendas Bohebrias, Os Estoupafoles, @s Pantox@s, Gaiteiros de Goián, Os Tabernos, Skachacunchas e Os Feroces da Galgueira.

Todos eles actuaron tamén no remate festivo, que congregou a preto de 300 personas (entre músicos e acompañantes) nunha cea conxunta na sociedade cultural La Unión, amenizada polo polifacético Cé Orquestra Pantasma.

Comentarios