O cadete feminino do CB Sarria chega á final dos Xogos do Eixo Atlántico

O Concello habilitou unha pantalla para seguir o partido dende a Casa da Cultura
Equipo cadete feminino do CB Sarria, xunto ao concelleiro de deportes. EP
photo_camera Equipo cadete feminino do CB Sarria, xunto ao concelleiro de deportes. EP

O equipo cadete feminino de baloncesto do CB Sarria acadou a final dos Xogos do Eixo Atlántico, que foi televisada en directo este venres ás 17.30 horas na Casa da Cultura. As xogadoras sarriás convertéronse nas primeiras deportistas da vila en chegar a unha final en tódalas edicións disputadas ata o momento. Quedaron segundas contra o equipo de Santiago.

Pola outra parte, o equipo masculino de baloncesto rematou entre os 13 mellores clasificados, mentres que o de fútbol resultou oitavo.

En total, eran tres os equipos da vila que viaxaban ata a localidade lusa de Maia para disputar esta 14ª edición dos Xogos do Eixo, que comezou o luns e rematou este venres, reunindo a un total de máis de 2.200 deportistas.

Comentarios