O BNG promete un novo colexio en Sarria se está no Goberno logo do 5-A

A candidata Ana Pontón mantivo este xoves unha reunión coa Plataforma en Defensa do CEIP Frei Luís de Granada
Ana Pontón e outros líderes do BNG, coa Plataforma en Defensa do CEIP Frei Luis de Granada.EP
photo_camera Ana Pontón e outros líderes do BNG, coa Plataforma en Defensa do CEIP Frei Luis de Granada.EP

O BNG comprometeuse a construír un novo colexio para o municipio de Sarria se a formación frontista ten responsabilidades de Goberno tras as eleccións autonómicas do próximo de 5 de abril.

Así o anunciou a portavoz nacional do Bloque e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, tras manter unha reunión este xoves coa Plataforma en Defensa do CEIP Frei Luís de Granada, que demanda un novo centro debido aos "problemas estruturais" do edificio actual.

Na súa localidade natal, Pontón asegurou que a súa formación ten "un compromiso firme coa defensa do ensino público e coa necesidade de que Sarria teña unhas instalacións educativas de primeira", algo que, como engadiu, "precista investimentos".

"Na medida en que teñamos respnsabilidades de goberno a partir do 5 de abril, asumimos un compromiso claro para dotar dun centro público en condicións dignas á vila de Sarria", remarcou. 

Comentarios