sábado. 31.10.2020 |
El tiempo
sábado. 31.10.2020
El tiempo

O BNG insta a cumprir as directrices de Bruxelas e "evitar o deterioro" do Oribio

Trabajos en la Serra do Oribio. EP
Trabajos en la Serra do Oribio. EP
A Comisión Europea asegura que a principal responsabilidade do cumprimento da normativa europea sobre a Rede Natura corresponde ao Estado membro

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, reclamou este mércores ao Estado que cumpra as directrices europeas sobre a protección dos espazos da Rede Natura no caso da serra do Oribio, onde está paralizada actualmente a construción dun parque eólico.

En resposta a unha pregunta formulada sobre o impacto que suporía a construción de eólicos nesta serra en terreos de Samos e Triacastela, a Comisión Europea afirma que "os estados membros adoptarán as medidas apropiadas para evitar, nas zonas especiais de conservación, o deterioro dos hábitats naturais e dos hábitats de especies, así como as alteracións que repercutan nas especies que motivaran a designación das zonas, na medida en que ditas alteracións poidan ter un efecto apreciable no que respecta aos obxectivos da presente directiva".

"É evidente que a instalación dun parque eólico na serra do Oribio modifica as características que motivaron a súa inclusión na Rede Natura, de forma que consideramos imprescindible que o goberno galego faga presión para que as directrices desta normativa europea se cumpran". subliña Ana Miranda.

Segundo a portavoz do BNG en Europa, a construción do parque eólico do Oribio –do que a Comisión asegura non ter información- suporía un "terrible impacto paisaxístico e medioambiental nesa serra", así como a destrución de emprego nos sectores agrogandeiro e turístico.

RESERVA DA BIOSFERA. Ademais, Ana Miranda considera “incoherente” que a Ribeira Sacra, O Courel e a Serra do Oribio sexan candidatas a converterse en Reserva da Biosfera "ao tempo que se proxecta a construción de parques eólicos.

A Xunta espera unha "sentenza firme" sobre o recurso
Presisamente este mércores, a conselleria de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, subliñou que a a Xunta aínda está á espera dunha "sentenza firme" sobre o recurso presentado contra a resolución pola que se suspendeu provisionalmente o acordo aprobado polo Consello da Xunta para a modificación do proxecto do parque eólico Serra do Oribio.

A deputada do BNG Olalla Rodil criticou que o Goberno autonómico pretenda "tomar a todos por idiotas" intentando exculparse das decisións que eles toman. Para a nacionalista urxe saber se a Xunta "vai esixir unha nova declaración ambiental" sobre este proxecto ou non, porque a declaración aprobado hai máis de dez anos está "caducada".

O BNG insta a cumprir as directrices de Bruxelas e "evitar o...
Comentarios