O BNG esixe desdobrar o corredor Nadela-Monforte para frear a "sangría de vidas"

Rodil lembra que "desde a súa apertura, en 2008, xa son 12 as persoas falecidas nesta vía e numerosas as persoas que resultaron feridas de gravidade"

El punto del accidente que se cobraba una vida en Sarria
photo_camera O último accidente mortal no corredor produciuse esta mesma semana. AEP

A deputada Olaia Rodil anunciou este venres en Sarria que o BNG presentará iniciativas en todas aquelas institucións nas que conta con representación para esixirlle á Xunta que "cumpra coa súa obriga" e inicie "de inmediato" o desdobramento do corredor Nadela-Monforte, onde esta semana se produciu un novo accidente mortal.

Rodil afirmou, en declaracións aos medios de comunicación, que "o desdobramento debe facerse na totalidade desta vía de altas prestacións, para convertela en autovía e evitar que se sigan producindo mortes".

De feito, lembrou que "desde a súa apertura, en 2008, xa son 12 as persoas falecidas nesta vía e numerosas as persoas que resultaron feridas de gravidade".

"En febreiro deste mesmo ano" anunciouse o investimento de "23 millóns de euros" por parte do goberno galego para desdobrar o tramo entre A Pobra de San Xiao e Sarria, "pero vemos que non se fixo nada e os accidentes seguen a producirse".

Segundo Olalla Rodil, "o desdobramento ten que empezar canto antes" para "evitar a sangría de vidas humanas e de persoas feridas de gravidade".

Rodil compareceu ante os medios de comunicación acompañada por representantes do BNG nos municipios de Sarria, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos e Lugo.