Miércoles. 20.06.2018 |
El tiempo
Miércoles. 20.06.2018
El tiempo

O BNG comprométese a solucionar o conflito da canceira en Sarria

Efrén Castro e Xosé Ferreiro, cos veciños do Mazadoiro .EP
Efrén Castro e Xosé Ferreiro, cos veciños do Mazadoiro .EP

O tenente de alcalde, Efrén Castro, e o Deputado, Xosé Ferreiro mantiveron unha xuntanza cos veciños do Mazadoiro

O tenente de alcalde de Sarria, Efrén Castro, e o Deputado provincial do BNG, Xosé Ferreiro ocudiron este martes a unha xuntanza coa veciñanza do Mazadoiro para anunciar o desbloqueo do conflicto da canceira.

Castro afirmou que a canceira "mudará de lugar", pero matizou que o seu grupo ten "propostas de lugares alternativos" para que a vida do barrio non sufra "os efectos negativos" que poden producir no día a día este tipo de instalacións, dada a proximidade das vivendas.

O tenente de alcalde sinalou o compromiso do BNG para que os fondos para este cambio proveñan da Deputación de Lugo.

Pola súa banda, Ferreiro, reiterou o seu compromiso para levar unha iniciativa ao vindeiro  pleno do ente provincial e comprometer á corporación en manter o finanzamento necesario para este propósito.

O BNG comprométese a solucionar o conflito da canceira en Sarria