A asociación de comerciantes premia a catro veciños con ceas por San Valentín

Unha nena exerceu de man inocente e sacou os boletos gañadores
O presidente da Aces, coa nena que sacou as papeletas premiadas. PORTO
photo_camera O presidente da Aces, coa nena que sacou as papeletas premiadas. PORTO

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (Aces) premiou a catro veciños con ceas para dúas persoas pola campaña de San Valentín.

Os agraciados foron Carmen Maside, Samuel, Miriam López Regueiro e Conchita Rivera Arias por compras en Ara Moda, gasolineira Cepsa, herboristaría Linva e Colorín Colorado. Gozarán das ceas na cafetería El Parisien, o hotel Alfonso IX e os restaurantes Roma e O' Descanso. Unha nena exerceu de man inocente e sacou os boletos gañadores.

Comentarios