Arde un galpón anexo a unha vivenda en Paradela

Unha vez sufocado as lapas, os bombeiros deron por rematadas as tarefas de extinción
Galpón incendiado. VILA
photo_camera Galpón incendiado. VILA

Un incendio calcinou un galpón anexo a unha vivenda situada no lugar de Cimadevila, no concello de Paradela.

Segundo a información facilitada polos Bombeiros de Sarria ao 112 Galicia, ardeu por completo o pendello anexo á vivenda, posiblemente por unha avaría nunha cociña de gas. Compre destacar que aínda a vivenda anexa viuse afectada polo fume, ningunha persoa resultou ferida.

Tras recibir a chamada do propietario, ás 17.15 horas desta tarde, que indicaba que lle ardía o pendello, o 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron ademais dos bombeiros, os axentes da Garda Civil e os profesionais sanitarios. Tamén, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal da empresa subministradora de gas.

Unha vez sufocado as lapas, os bombeiros deron por rematadas as tarefas de extinción.

Comentarios