Unha árbore caeu sobre unha das esculturas da ruta literaria de Fiz Vergara Vilariña de Samos.

O exemplar precipitouse sobre a peza da artista sarriá Violeta Bernardo, situada en Santalla de Arriba, provocando danos, impedindo a visión da mesma e dando unha imaxe de total abandono do roteiro, segundo sinalaron desde o BNG samanense, que fixo pública esta situación.
Tamén hai estragos, dixo, no camiño de Santalla á fervenza de Augadalte, no que hai máis dun mes traballadores municipais comezaron a arranxalo, pero quedaron sen rematar os labores.
Este é un dos atractivos turísticos e culturais máis destacados do municipio, creado hai uns anos na honra do poeta Fiz Vergara Vilariño. Ademais, este sábado ten lugar o roteiro en memoria do autor, que se celebra cada ano en Santalla de Lóuzara.