El alcalde de Láncara se defiende: "Son ataques persoais que non consinto"

El socialista Darío Piñeiro responde a las últimas acusaciones a través de un artículo publicado este viernes en El Progreso
Darío Piñeiro. ARCHIVO
photo_camera Darío Piñeiro. ARCHIVO

El alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, quiso defenderse de las últimas acusaciones recibidas a través de un artículo que publica este viernes El Progreso. En las últimas fechas, una trabajadora del SAF lo denunció por acoso, algo que él negó. También la exconcejala Begoña López denunció que no deja de recibir mensajes suyos desde su dimisión.

QUERIDOS VECIÑOS e veciñas de Láncara:

Como sabedes, levo máis de nove anos sendo o voso alcalde e durante todo este tempo sempre tratei de facer o mellor para o Concello. Houbo erros dos que tiven que aprender porque non son perfecto, pero tamén houbo acertos que na miña humilde opinión están a servir para mudar a imaxe do noso municipio.

Lonxe de iso, son consciente de que nos últimos tempos ocupamos máis páxinas nos periódicos das que son habituais e, desgraciadamente, por cousas que teñen que ver máis coa miña esfera persoal que coa esfera política.

Recoñezo que me custou moito decidirme a dirixirvos unhas palabras porque sempre pensei que como máximo representante do Concello que son, co voso voto democrático, tiña que estar por riba de todo iso. Que a pesar dos ataques persoais incluso á miña familia, das denuncias carentes de probas e da persecución á que constantemente me vexo sometido ultimamente debía ser responsable e deixar á marxe os duros ataques aos que me someten.

Pero todo ten un límite, porque non podo permitirme que de maneira interesada algúns, polo mero feito de tratar de atacarme a toda costa, estean a embarrar o duro traballo realizado nos últimos anos nun Concello que, pese a quen lle pese, evolucionou moito nestes anos.

Sempre entendín a política como un debate construtivo no que cada un, desde as súas ideas, trata de sumar e non de restar. Non obstante, teño moi claro que algúns queren gañar con escuras artimañas o que non son capaces de gañar nas furnas.

Convertinme nun obxectivo, nunha vítima que ten que combater día si e día tamén acusacións moi graves pero que non teñen ningunha base sólida nin ningún percorrido.

Pero advirto que se algo me caracterizou sempre foi a miña resistencia, a miña capacidade de sobrepoñerme pero, sobre todo, o meu cariño a Láncara.

Desgraciadamente non todo o mundo pode dicir iso. Así que aviso a navegantes, estou tranquilo, desperto e con máis gañas que nunca para seguir gobernando o Concello coa confianza de todos e todas as lancaresas

Comentarios