jueves. 21.01.2021 |
El tiempo
jueves. 21.01.2021
El tiempo

O alcalde do Incio, en corentena, avanza que Sanidade fará un cribado entre os veciños

O alcalde de O Incio, Héctor Corujo. EP
O alcalde de O Incio, Héctor Corujo. EP
Corujo manda, dende a súa casa, unha mensaxe de "ánimo e fortaleza" a todo o persoal da residencia tras o incremento no número de positivos

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, lanzou este mércores unha "mensaxe de ánimo e fortaleza" a todo o persoal da residencia tras coñecerse un incremento no número de positivos pola Covid-19. Os últimos datos indicaron que son xa 87 os usuarios infectados e os 26 traballadores contaxiados.

A través do Facebook do Concello, e dende a súa casa, na que se atopa en corentena, agradeceu o  "traballo tan duro como imprescindible" que están a desenvolver os empregados do xeriátrico para axudar aos maiores neste momento "tan complicado". Ademáis, ofreceu a "total colaboración" do goberno municipal para aquilo que poidan precisar tanto a residencia de maiores como a Xunta de Galicia.

O rexedor avanzou que a Consellería de Sanidade fará un cribado entre os veciños para coñecer o alcance do gromo e artellar as medidas que correspondan. "Están facendo un traballo intenso no rastrexo dos contactos daquelas persoas que deron positivo para conter de forma urxente o virus no caso de que aparecese algún positivo derivado dos anteriores", explicou.

O alcalde do Incio, en corentena, avanza que Sanidade fará un...
Comentarios