martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Agamac programa cinco saídas durante o vindeiro ano con tractores clásicos

Asamblea de Agamac. VÁZQUEZ RIVAS
Carlos Latas (segundo pola esquerda) e outros membros. VÁZQUEZ RIVAS
O colectivo celebrou unha asemblea de socios coa participación de 40 persoas

A Asociación de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica (Agamac), con sede en Láncara, presentou en asemblea a súa programación de actividades para 2022, na que se inclúen cinco rutas e saídas con tractores de época por distintos puntos de Galicia.

A reunión deste colectivo tivo lugar na Escola Politécnica Superior de Lugo, seguida dunha comida de confraternidade á que acudiron unhas 40 persoas.

Segundo explicou o presidente, Carlos Latas Rodríguez, para o vindeiro ano teñen previsto facer unha ruta por Salvaterra do Miño e outra por unha antiga vía férrea de Sabón a Carballo, ademais de participar na Festa do Tractor en Xestoso, as San Lucas de Mondoñedo e a Festa da Malla de Meira.

O presidente tamén deu conta das actividades realizadas ao longo deste 2021, que se viron condicionadas pola pandemia de coronavirus, de xeito que os socios de Agamac só puideron asistir a unha ruta en Lalín e ás tradicionais festas mindonienses.

A asemblea de socios serviu tamén para presentar o estado de contas, que dá un balance positivo e que foron aprobadas, segundo informou o presidente.

Outro dos asuntos tratados foron os requisitos legais que se deben cumprir e os trámites que hai que realizar para que os tractores teñan a consideración de vehículos históricos para facer roteiros.

Agamac, que conta con 75 socios na actualidade, ten a a súa sede na parroquia de Trasliste (Láncara), onde tamén se atopa o Museo Vivo e Integrado da Maquinaria Agrícola Clásica (Muvicla).

Agamac programa cinco saídas durante o vindeiro ano con tractores...