Unha actuación musical puxo fin a un animado concurso de tapas en Samos

Catro establecementos participaron no certame, organizado pola Asociación de Comerciantes e Artesáns
Concurso de tapas de Samos. VILA
photo_camera Tapas nun dos locais do concurso, o mesón Pontenova. VILA

O concurso de tapas de Samos rematou este domingo nunha xornada na que os Gaiteiros de Goián puxeron a nota musical.

O certame, que durou toda a fin de semana, celebrouse en catro establecementos do municipio (bar Albaroque, hotel A Veiga, mesón Pontenova e cantina de Renche), que ofreceron tapas de estilo tradicional e outras innovadoras.

O concurso reuníu a numerosas persoas e algúns locais acabaron as tapas, segundo informou a Asociación de Comerciantes e Artesáns, organizadora do evento.

Comentarios