martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

Accidente por atropelo a un corzo na LU-546, xunto ao casco urbano de Sarria

As dúas ocupantes do vehículo resultaron ilesas

Un corzo que invadiu a calzada causou na tarde deste martes un accidente de tráfico na carretera LU-546 (de Lugo a Monforte), nas inmediacións do casco urbano de Sarria, que se saldou co animal morto e sen danos persoais.

O atropelo produciuse pasadas as seis da tarde, cando un vehículo circulaba por esta estrada en dirección ao centro de Sarria e, á altura do establecemento Renault, a uns metros do casco urbano, saíulle o corzo pola marxe dereita, procedente da zona das Aceas.

A condutora do turismo non puido evitar o impacto co animal, que quedou nunha silveira e resultou falecido.

Pola súa banda, o vehículo sufriu algúns desperfectos materiais pero as dúas ocupantes, veciñas do Incio, saíron ilesas.

Ata o lugar do percance acudiron os axentes da Policía Local de Sarria e unha patrulla da Garda Civil de Tráfico.

Accidente por atropelo a un corzo na LU-546, xunto ao casco urbano...