Lugo celebra a cultura do hip hop

O espazo adicado ao freestyle ten a Denom como cabeza de cartel e poñerá en valor aos artistas urbanos locais
Denom. INSTAGRAM
photo_camera Denom. INSTAGRAM

O Espazo Hip Hop chega este mércores 11 de outubro a San Froilán cunha séptima edición na que se ratifica como un dos eventos máis arraigados nas patronais lucenses. O que comezou sendo un evento exclusivo para artistas locais, foi evolucionando ao longo dos anos ata combinar varias disciplinas e actividades na súa programación. Terá lugar na Praza da Mosqueira a partir das 17.00 horas.

Denom, referente español da música urbana, será o cabeza de cartel nunha edición que se abre á participación de artistas con proxección tanto nacional como internacional e que se sitúan como as principais influencias da música underground neste eido. É o caso de Eivy J e Zaidbreak, as promesas madrileña e sevillana cun un ascenso meteórico case asegurado nos próximos anos.

Samuel SLZR, principal expoñente do trap en castelán, será outro dos platos fortes da edición coa presentación do seu novo disco na cidade de Lugo.

O Espazo Hip Hop tamén se abre este ano á colaboración con artistas locais, poñendo en valor o seu traballo e dándolles un espazo na escena musical galega. Este ano será o turno dos lucenses Diego, Xosé Maceda e Ünder.

Ademais dos concertos, e como ampliación do festival, nas actividades culturais programadas dentro do Espazo Hip Hop, estará presente un ilustrador que realizará caricaturas en vivo de forma gratuita para todos os asistentes que o desexen.

Ao igual que en edicións anteriores, a escola lucense Stradance achegará unha vibrante exhibición de baile para potenciar e dar a coñecer o talento da cidade.

Asimesmo, regresan as batallas de galos por terceiro ano consecutivo, un dos eventos máis agardados. Nesta ocasión, contarán con 16 participantes que poñerán a proba a súa capacidade de improvisación. Un dos presentes será o lucense Yago Carro, que se alzou hai uns meses coa coroa da Batalla de Maestros, celebrada en Arica, Chile.

Os organizadores do Espazo Hip Hop, Son da Muralla, destacaron que "están moi contentos coa progresión do festival e esperan que vaia a máis co paso do tempo".

Comentarios